"MELOMANIA": Despistaos: Novo disco!

2010/04/05

Despistaos: Novo disco!

Tras oito anos de carreira, unha lexión de auténticos seguidores e centos de directos, amigos e anécdotas ás súas costas, os autores de "Estoy Aquí", "Cada Dos Minutos" e "Física o Química", regresan co seu sexto álbum titulado "Cuando Empieza Lo Mejor".

O seu novo disco foi gravado nos Estudos Montepríncipe de Boadilla del Monte (Madrid) baixo a produción de Bori Alarcón (M-Clan, Pereza).

O tema elixido como primeiro single titúlase "Gracias", unha canción pop-rock de altura, honesto e contemporáneo pero tamén desenfado que serve de presentación para o seu novo disco que sairá á venda o vindeiro martes 27 de abril.

O videoclip foi realizado por Struendo Films Makers e conta coa participación dalgúns dos seus fans que actuaron xunto ao grupo.



www.despistaos.com

No hay comentarios: