"MELOMANIA": Álbum Oficial FIFA 2010: Á venda o 1 de xuño!

2010/05/24

Álbum Oficial FIFA 2010: Á venda o 1 de xuño!

O 1 de xuño de 2010 publícase o álbum "Listen Up! The Official 2010 FIFA World Cup", o disco oficial do maior acontecemento deportivo do mundo. En España lánzase unha edición especial do álbum con dous temas en castelán: o single "Waka Waka (Esto es África)", a canción oficial do campionato composta e coproducida por Shakira que a interpreta xunto ao grupo Freshlyground, e "Gol de mi corazón" de Doctor Krápula, banda colombiana de rock alternativo.
Todos os beneficios derivados da venda de "Listen Up! The Official 2010 FIFA World Cup" destinaranse á campaña benéfica da FIFA "20 Centers for 2010", cuxo obxectivo é conseguir a través do fútbol un cambio social positivo, construíndo vinte centros "Fútbol para a esperanza" en África que axudarán a solucionar problemas de saúde e educación no continente.
Waka Waka (This Estafe For Africa) é o single do disco e será interpretada por Shakira xunto ao grupo surafricano Freshlyground na cerimonia que terá lugar antes da final do campionato, que se celebrará o 11 de xullo no Johannesburg Soccer City Stadium da capital surafricana.

www.listenupalbum.com

No hay comentarios: