"MELOMANIA": "Sen Ti": O novo de Dj Son1c!

2010/05/17

"Sen Ti": O novo de Dj Son1c!


Despois do éxito acadado hai dous anos con "A Festa Non Vai Parar", a primeira canción dance en galego, Dj Son1c volve cun novo traballo, tamén en galego, que leva por título "Sen ti". Unha canción que fala dunha moza que, cansa de darlle oportunidades ao mozo, decide sair de festa e esquecerse del.
Un novo traballo que segue a liña italodance de anteriores traballos de Dj Son1c e co que espera repetir o éxito do último single.
Este novo traballo está dispoñible xa desde hoxe mesmo, día das letras galegas, en www.moguda.com, páxina web desde a cal o podes descargar totalmente de balde.

www.moguda.com

No hay comentarios: