"MELOMANIA": Bon Jovi Tour Editions: Xa á venda!

2010/05/26

Bon Jovi Tour Editions: Xa á venda!

Coincidindo coa súa xira mundial, "The Circle Tour", e aproveitando a súa visita ao Rock In Rio de Madrid, Bon Jovi lanza Tour Editions. Trátase dunha reedición dos seus álbums máis importantes con bonus tracks adicionais. Os míticos CDs Bon Jovi, 7800 ° Fahrenheit, Slippery When Wet, New Jersey, Keep The Faith, These Days, Crush, Bounce, Have A Nice Day e Lost Highway, preséntanse esta vez cun material moi especial: versións en vivo gravadas ao redor do mundo durante as súas exitosas xiras internacionais, desde 1984 até o 2008.
Ademais, como contido extra e inédito, cada CD vén cunha reprodución dun pase do backstage da época orixinal de cada álbum. Así, pódese gozar da experiencia dunha "visita virtual" que che amosa contidos adicionais exclusivos, con recordos e temas extra.
Unha edición especial que xa está á venda dende hai unhas horas, dende o 25 de maio.

No hay comentarios: