"MELOMANIA": "Night Work", o novo disco de Scissor Sisters!

2010/05/13

"Night Work", o novo disco de Scissor Sisters!

Unha das bandas británicas máis grandes dos últimos anos, Scissor Sisters, traballou duro durante máis de 3 anos en estudos de Londres, Bahamas e Nova York e está, xa, preparada para seguir coa súa carreira de éxito.
"Night Work" é un disco de baile aínda que non electrónico. É un álbum que resume o que son en si mesmos os membros de Scissor Sisters; como di Jake Shears, "Night Work" é o puro reflexo de Scissor Sisters en toda a súa esencia.
De "Night Work" extraerase como primeiro single "Fire With Fire", o cal será editado o 21 de xuño.
"Night Work", o álbum completo chegará ás tendas unha semana despois, o 28 de xuño, aínda que hoxe, a partir das 16:00h, Scissor Sisters pon dispoñible en streaming un tema novo: "Invisible Lixeiro", en www.scissorsisters.com.
"Night Work", 12 cancións que non pararás de bailar... a partir de xuño.

www.scissorsisters.com

No hay comentarios: