"MELOMANIA": "The Sellout": O novo disco de Macy Gray.

2010/05/19

"The Sellout": O novo disco de Macy Gray.

Tras tres anos de silencio, Concord Records comprácese en confirmar o lanzamento do novo álbum de Macy Gray titulado "The Sellout", o cal sairá á venda en España o 22 de xuño de 2010.
"The Sellout" contén 12 novas cancións compostas e producidas por Gray. Rutilantes melodías e letras íntimas brillan en "The Sellout", que desde a primeira escoita do single "Beauty In The World", apréciase o traballo dunha artista que reconectou coa esencia da súa creatividade.
Os momentos álxidos son ricos e pletóricos e inclúen o ritmo con encanto soul-pop de "Lately", "That Man", sons ochenteros e new wave de Ting Ting, o tema onde Joan Jett, T- Rex e a chirriante guitarra de Slash parecen atoparse, "Kissed It", e o cativador, "Still Hurts", unha vulnerable balada, chea de emoción, por mencionar algúns.
No album hai colaboracións de Bobby Brown, The Bodyrockers' Kaz James and Slash, Duff McKagan e Matt Sorum de Guns N' Roses e Velvet Revolver.

www.macygray.com

No hay comentarios: