"MELOMANIA": Bon Jovi: "The Circle", Edición Especial!

2010/05/06

Bon Jovi: "The Circle", Edición Especial!

Bon Jovi presentan o terceiro single do seu aclamado novo álbum "The Circle".
Un single que nos levará ao comezo da xira europea da banda, concretamente aquí no noso país: O 4 de xuño en Madrid, onde inaugurarán o Festival Rock In Rio. Nesta fase de xira europea, tamén se inclúen 12 concertos consecutivos no famoso O2 de Londres.
Este single levaranos ao lanzamento da Edición Especial de "The Circle" o próximo 25 de maio, que ademais do disco orixinal, inclúe 4 cancións gravadas en directo en Anaheim, California, en febreiro 2010, durante "The Circle Tour":
"We Weren¹t Born To Follow" (live)
"Superman Tonight" (live)
"When We Were Beautiful" (live)
"Love's The Only Rule" (live)

Así mesmo, incluirá unha aplicación multimedia que permitirá acceder a un arquivo de material exclusivo con versións inéditas e material visual especial.
A canción "When We Were Beautiful" é unha canción sinxela sen maiores pretensións, creada nun ambiente social próximo e humano, unha canción que reivindica o básico e que xorde antes de entrar na actual situación mundial de colapso económico.

www.bonjovi.com

No hay comentarios: