"MELOMANIA": "Big Bang": O novo disco de La Unión!

2010/05/12

"Big Bang": O novo disco de La Unión!

Xa está á venda o novo disco de La Unión. O trío madrileño lanzaba no día de onte o deu "Big Bang".
O tempo deulles a razón. As vellas cancións de La Unión sobreviviron ás modas con status de clásicos. Pero a noticia hoxe é que, tras oito longos anos, La Unión ten novas cancións. Rafa Sánchez, Luís Bolin e Mario Martínez volven co seu inconfundible selo e novas paisaxes sonoras a explorar. En constante expansión, igual que o universo ao que aluden ao titular este novo disco "Big Bang". Coma se os astros se puxsen de acordo, xusto cando os telexornais anunciaban que un conclave científico conseguía recrear nun laboratorio a teoría do Big Bang, o disco entraba en fábrica. E de novo na fala da xente, grazas a tan anecdótica coincidencia e ao impacto da canción que serve de adianto como primeiro single, a pegadiza e vital “El Mundo En Tus Manos".

www.launion.net

No hay comentarios: