"MELOMANIA": Juanes presentará o seu novo traballo no Mundial de Sudáfrica.

2010/05/14

Juanes presentará o seu novo traballo no Mundial de Sudáfrica.

Juanes cantará por primeira vez a súa canción "Yerbatero" no concerto inaugural da Copa Mundial FIFA na cidade de Johannesburgo, en Sudáfrica.
Juanes, o artista de Rock Latino mais coñecido no mundo unirase a Alicia Keys, Black Eyed Peas, John Legend, Shakira e varias superestrellas da música Africana como Amadou & Mariam, Angelique Kidjo no histórico concerto para inaugurar un dos eventos deportivos mais vistos en todo o mundo e que será retransmitido en directo por televisión en máis de 150 países.
Ese mesmo día, ás 20:00h (hora de johannesburgo) a canción poderase escoitar tamén en emisoras de radio de 62 países e porase á venda en iTunes.
Esta é a primeira canción que Juanes presenta ao público nos últimos tres anos e é, adeamis, o primeiro single do seu novo álbum que sairá ao mercado no mes de outono e cuxo nome aínda non está definido.
"Yerbatero" ten letra e música escrita por Juanes como todos os temas que interpreta e é un tema sorprendentemente contaxioso dedicado a todos os que sofren o terrible mal de amor.

www.juanes.net

No hay comentarios: