"MELOMANIA": The Cure: Disintegration 3CD Deluxe

2010/05/25

The Cure: Disintegration 3CD Deluxe

Unha edición de luxo de tres CDs, producida e compilada por Robert Smith. Inclúe unha versión remasterizada do álbum orixinal máis cancións inéditas, maquetas, descartes e actuacións en directo.
O oitavo álbum de estudio de The Cure, editado en 1989, é a escura fazaña Disintegration. Continuidade do excepcinal disco de 1987 Kiss Me Kiss Me Kiss Me release, propulsado por éxitos como "Lullaby", "Fascination Street", "Lovesong" e "Pictures Of You", o álbum converteuse rapidamente no de maior éxito da banda até a data, con máis de tres millóns de vendas e unha xira de concertos en estadios de todo o mundo coas localidades esgotadas.
Polydor/Universal volve editar este álbum vital, remasterizando o orixinal cun cd extra de temas inéditos e maquetas máis un terceiro disco que contén actuacións en directo que reproducen o contido do álbum íntegro gravado en 1989 durante tres actuacións no Wembley Area, de Londres, o climax europeo da xira mundial "Prayer Tour de Cure". Esta edición de luxo preséntase cun libreto de 20 páxinas que contén fotografías e deseños inéditos ademais de letras e unha profunda análise da época realizado polo fundador da banda Robert Smith.

www.thecure.com

No hay comentarios: