"MELOMANIA": Alejandro Sanz: Maribel Verdú é a protagonista do seu novo videoclip

2010/11/03

Alejandro Sanz: Maribel Verdú é a protagonista do seu novo videoclip

Maribel Verdú, gran amiga de Alejandro e extraordinaria actriz, participa por primeira vez nun videoclip e faio como protagonista no papel de Lola, unha muller que encarna ás mulleres valentes e loitadoras.
E quen mellor para dirixir este vídeo que outra "Lola", Gracia Querejeta,  recoñecida directora e guionista de cinema, que destacou pola súa sensibilidade en retratar ás mulleres. A rodaxe realizouse durante dous días no barrio de Aluche e na antiga estación de tren de Príncipe Pío.
Alejandro atópase inmerso na última etapa da súa xira internacional. Acábase de presentar ante miles de persoas en Ecuador e Guatemala e nos próximos días dará concertos comezando esta noite en Honduras, Costa Rica (6 de novembro) , Panamá o 9, Maracaibo o 16, Valencia o 18, e o día 20 será a quenda de Caracas.



www.alejandrosanz.es

No hay comentarios: