"MELOMANIA": Miguel Bosé: "Cardio-Edición Deluxe" mañá á venda!

2010/11/29

Miguel Bosé: "Cardio-Edición Deluxe" mañá á venda!

Os DJ's e produtores Tiësto, Armin Van Buuren, Ferry Corsten,  Roger Sánchez, Carl Cox, Wally López, entre outros, participaron no novo álbum de Miguel Bosé "Cardio-Edición Deluxe", que sairá á venda mañá. O álbum, que se lanzará en formato 2 CD's e DVD, inclúe o CD orixinal de "Cardio" máis dous temas novos "Santo Veneno"  e "Per Te",  un CD con 9 remixes a cargo dos mellores DJ's do mundo e un DVD cunha duración aproximada de 40 minutos, que contén o documental "Como se hizo Cardio", o videoclip e o making of de "Estuve a punto de", ademais dunha extensa galería de fotos inéditas. Tamén vén acompañado dun libreto de 40 páxinas.
Despois do éxito de "Cardio" co que acadou o Disco de Platino en España e México e Ouro en Chile e en Colombia, e antes de entrar nun longo período de silencio, Miguel volve sorprender aos seus fans cun CD de remixes cos DJ's máis relevantes do momento.


www.miguelbose.com

No hay comentarios: