"MELOMANIA": MICHAEL: Novo disco e novas cancións inéditas de Michael Jackson!

2010/11/05

MICHAEL: Novo disco e novas cancións inéditas de Michael Jackson!

"MICHAEL", o esperado álbum que inclúe novas gravacións recentemente rematadas de Michael Jackson, será publicado en decembro de 2010 por Sony Music e o Estate of Michael Jackson. Hoxe, 5 de novembro, preséntase un avance exclusivo do proxecto en www.michaeljackson.com. O luns, 8 de novembro, estrearase a nivel mundial "Breaking News", un tema completo do álbum que poderá ser escoitado nesta web só durante unha semana.
O Rei do Pop nunca detivo o seu proceso creativo e sempre estaba a planear o seu seguinte álbum. Michael Jackson estaba a escribir e gravando cancións continuamente: na casa dun amigo en New Jersey, nos estudios de Las Vegas ou en Los Angeles, cun pequeno grupo de selectos colaboradores. Agora, a través das historias únicas das cancións incluídas en "MICHAEL", os fans poderán coñecer dunha maneira máis próxima e profunda como traballaba o artista e tamén terán a oportunidade de escoitar as últimas cancións que creou, xunto a outros temas que Michael quixera realizar.
"Breaking News", unha canción nunca escoitada de Michael que aparece no novo álbum, foi gravada en New Jersey no ano 2007 e foi recentemente terminada.


www.michaeljackson.com

No hay comentarios: