"MELOMANIA": Bon Jovi: Presentación do novo álbum en Madrid

2010/11/04

Bon Jovi: Presentación do novo álbum en Madrid

Bon Jovi pasará de novo por Madrid esta fin de semana para presentar o seu novo disco: "Greatest Hits - The Ultimate Collection".
En primeiro lugar, celebrarán un concerto "íntimo" o 6 de novembro no Circo Price e despois actuarán na cerimonia de entrega de premios dos EMA 2010 de MTV o Domingo, 7 de Novembro, onde tamén recollerán o premio "Icono Global".
O novo disco de Bon Jovi, "Greatest Hits - The Ultimate Collection", xa está á venda desde o pasado 2 de novembro. Tal e como dí o título do álbum, é a colección definitiva de Bon Jovi, co mellor da banda de New Jersey que vendeu máis de 120 millóns de álbums en todo o mundo. Un dobre CD con 30 cancións incluíndo os seus grandes éxitos e 4 cancións novas.
Tamén está dispoñible un DVD con 17 vídeoclips promocionais e os mesmos 17 temas en directo gravados durante distintas xiras por todo o mundo.


www.bonjovi.com

No hay comentarios: