"MELOMANIA": Iván Ferreiro vai de picnic con extraterrestres!

2010/11/22

Iván Ferreiro vai de picnic con extraterrestres!

Picnic Extraterrestre é unha cita musical coa comodidade dun concerto e a variedade dun festival que reúne a tres artistas moi diferentes pero cun obxectivo común: divertirse e divertirnos a todos. Iván Ferreiro mergúllase neste proxecto que leva o nome do seu cuarto traballo estreado en maio de 2010, "Picnic Extraterrestre", un disco de ciencia ficción que sorprendeu a público e crítica por temas crus pero fermosos, cheos de optimismo pero coa dureza lírica á que nos ten afeitos. E como o de ser diferente tamén é marca da casa, convida a dúas bandas con forte personalidade: Standstill, co seu recentemente estreado "Adelante Bonaparte" e Najwa, coa vangarda por bandeira e "El último primate" como o seu primeiro disco integramente en castelán. 3 amigos que de "Picnic Extraterrestre" a Bilbao, Madrid e Barcelona coa intención de seguir abducindo máis cidades no futuro.
As entradas para Picnic Extraterrestre xa están á venda en www.ticketmaster.com e as datas son as seguintes:

27 de novembro: Sala Rockstar (Barakaldo)
3 de decembro: Sala La Riviera (Madrid)
7 de xaneiro: Sant Jordi Club (Barcelona)


ivanferreiro.es

No hay comentarios: