"MELOMANIA": James Blunt: "Some Kind Of Trouble", novo disco!

2010/11/10

James Blunt: "Some Kind Of Trouble", novo disco!

Co seu primeiro single "Stay The Night" soando en todas as emisoras do planeta, James Blunt publica o seu terceiro álbum de estudio, titulado "Some Kind Of Trouble". Un disco composto coa súa propia banda por primeira vez. Algo que se deixa notar nunhas cancións máis rápidas que desprenden unha enerxía, unha vitalidade e un optimismo que se contaxia desde a primeira escoita.

Con 2 Brit Awards, 2 World Music Awards, 2 MTV Vídeo Music Awards, 1 MTV European Music Award, 5 nomeamentos aos Grammy e 18 millóns de copias vendidas polos seus dous primeiros traballos, "Back To Bedlam" e "All The Lost Souls", o autor de "You're Beautiful" ofrécenos agora algo distinto e novo na súa carreira.


No hay comentarios: