"MELOMANIA": "Amarte Bien", o novo de Carlos Baute xa á venda!

2010/11/24

"Amarte Bien", o novo de Carlos Baute xa á venda!

Dende o día de onte, 23 de novembrio, está xa á venda a nivel mundial o novo álbum de Carlos Baute, "Amarte Bien". Un disco que amosa ao cantautor completamente conectado aos seus sentimentos e á súa filosofía baseada na crenza de vivir o presente, sobresaltar o positivo ante calquera situación negativa e sobre todo ser feliz.
"Amarte Bien" foi gravado na cidade de México baixo a produción de Juan Carlos Moguel e do propio Carlos Baute, quen é autor absoluto de todos os temas. Esta é a segunda vez que traballan xuntos, xa que Moguel produciu o seu anterior álbum "De Mi Puño Y Letra". O produtor mexicano Armando Avila tamén formou parte do álbum ao producir dous dos temas "Loquitos De Amor" e "Sueño con Poderte Encontrar".
O primeiro single, "Quien Te Quiere Como Yo", converteuse xa noutro éxito do cantautor despois de ser estreado no mes de outubro acompañado deste vídeo filmado no pobo de Tepoztlan (México).

No hay comentarios: