"MELOMANIA": Maldita Nerea: Máis de 11.000 persoas ven o seu concerto online.

2010/11/25

Maldita Nerea: Máis de 11.000 persoas ven o seu concerto online.

O pasado domingo ás 19:00h, eMe ofreceu a súa primeira experiencia musical online "Live at Home" con Maldita Nerea. Desta forma máis de 11.000 persoas puideron ver desde a súa propia casa, de forma gratuíta e a través de internet, un singular concerto de máis de 1 hora no que o grupo, desde un estudio de gravación e coma se do salón da súa casa se tratase, tocou máis de 10 temas escollidos polos fans, respondeu de forma simultánea as preguntas que estes lles facían a través de internet e mesmo presentaron unha canción inédita, "El Error". Ademais, xunto aos compoñentes de Maldita Nerea (a súa alma máter Jorge Ruiz, e os seus guitarristas Luís e Tato), 6 persoas seleccionadas mediante sorteo a través da web de eMe, puideron sentar no estudio de gravación xunto aos seus ídolos, preguntarlles directamente e escoitalos de forma única.
O site www.m-event.es xa recibiu máis de 60.000 visitas e pronto ofrecerá novas experiencias musicais a través da web.


www.malditanerea.com

No hay comentarios: