"MELOMANIA": "Only One Flo (Part 1)", o álbum de Flo Rida á venda o 30 de novembro.

2010/11/12

"Only One Flo (Part 1)", o álbum de Flo Rida á venda o 30 de novembro.

Xusto cando "Club Can't Handle Me (Feat. David Guetta)" atópase no Top 5 das listas de éxito de medio planeta, Flo Rida anuncia a saída do seu novo álbum "Only One Flo (Part 1)" para o próximo 30 de Novembro: Primeira parte dun traballo que culminará o ano que vén cunha segunda entrega.
Flo Rida é un experto en singles así que, nesta primeira parte na que concentrou o seu traballo máis melódico, máis dance e menos hip hop, non podía faltar o devandito "mega hit" do ano, ademais de futuros éxitos como "Turn Around (5, 4, 3, 2,1)".
Trátase do seu terceiro álbum de estudio despois de "Mail On Sunday" en 2008 e "R.O.O.T.S" o pasado ano. O de Miami vendeu máis de 17 millóns de singles en USA e aínda ostenta o record de "Single Máis Vendido" durante ano e medio con "Right Around".


www.oficialflo.com

No hay comentarios: