"MELOMANIA": "Vía Dalma", o novo de Sergio Dalma hoxe á venda!

2010/11/23

"Vía Dalma", o novo de Sergio Dalma hoxe á venda!

Hoxe, 23 de novembro de 2010, saen á venda por primeira vez os grandes éxitos italianos cantados en español por Sergio Dalma no seu novo disco “Vía Dalma”.
Sergio Dalma sempre tivo unha relación especial coa cultura italiana e, sobre todo, no tocante á música. Na casa dos seus pais escoitábanse grandes éxitos italianos, desde Adriano Celentano ata Cocciante, que o marcaron con aquelas voces rotas e sobre todo, as melodías que o incitaron a estudar o cante clásico e o idioma.
En 2009 Sergio Dalma inicia este proxecto no que conta coa colaboración e o traballo do produtor italiano Claudio Guidetti e que foi gravado en 33 Studio, en Milán.


No hay comentarios: