"MELOMANIA": The Black Eyed Peas: "The Beginning". Novo álbum á venda o 30 de novembro

2010/11/16

The Black Eyed Peas: "The Beginning". Novo álbum á venda o 30 de novembro

The Black Eyed Peas, unha das bandas de pop máis grande do planeta nestes momentos e, posiblemente, o grupo que marcou a tendencia imperante no mundo da música actual, volven dar a badalada ao anunciar o seu novo disco.
Segundo as palabras de Will.i.am, "The Beginning" é un símbolo da chegada e aceptación das novas tecnoloxías como a realidade aumentada, o 3D, e o vídeo 360º. E ten moito que ver co desexo do grupo de experimentar, coller todas esas cancións do pasado e xogar con elas meténdolles ritmos tolos.
Unha declaración que queda patente no seu primeiro single "The Time (Dirty Bit)", unha sorprendente revisión do clásico tema que acompañou á inesquecible película Dirty Dancing e que está a causar furor nas ondas e na noite do noso país mesmo antes ser emitida nas emisoras de radio.


www.blackeyedpeas.com

No hay comentarios: